• Contacto
  • Intranet
  • Identifícate
  • Sala de Prensa
  • FAI VOLUNTARIADO
  • FAITE SOCIO/A

Constituído o Comité Autonómico e a Presidencia de Cruz Vermella en Galicia - Cruz Vermella

Nested Applications

Publicador de contidos

Constituído o Comité Autonómico e a Presidencia de Cruz Vermella en Galicia
Presente
Noticias
Dec
12
2023
12 Decembro Constituído o Comité Autonómico e a Presidencia de Cruz Vermella en Galicia

Cruz Vermella Española foi fundada o 6 de xullo de 1864, de acordo coa Conferencia Internacional de Xenebra de 1863, como unha institución humanitaria de carácter voluntario e de interese público. Como calquera organización democrática, articula publicamente o dereito do voluntariado e das persoas socias que a integran a participar activamente na conformación dos seus órganos de goberno, exercendo o seu dereito ao voto ou a ser candidatas para integrar os Comités Locais, Comarcais ou Insulares. Faino a través do seu propio proceso electoral que ten lugar cada catro anos, co que se inicia de maneira periódica a renovación dos cargos electivos dos seus órganos de goberno. O proceso electoral iniciouse o 28 de outubro de 2022 coa resolución do Presidente de Cruz Vermella Española e a convocatoria do proceso que está a piques de concluír.

Tras as eleccións do 14 de xaneiro, na que se conformaron os Comités Locais, Comarcais ou Insulares, deuse paso á constitución dos Comités Provinciais e Autonómicos, e o pasado mes de marzo a Organización celebrou a súa X Asemblea Xeral. Nela aprobáronse as liñas estratéxicas para os próximos anos e comezou unha nova etapa coa presidencia nacional de María del Mar Pageo.

Posteriormente, esta foi a encargada do nomeamento dos presidentes/as autonómico entre as propostas presentadas polos Comités Autonómicos respectivos. No caso do ámbito autonómico, Mª Mercedes Casanova Díaz foi nomeada presidenta de Cruz Vermella en Galicia. Así, o Comité Autonómico queda establecido da seguinte maneira:

  • Presidencia Autonómica: Mª Mercedes Casanova Díaz (vogal nata ao Comité Nacional de Cruz Vermella Española).

  • Vicepresidencias Autonómicas: Juan Andrés Ríos Mejuto, Vicepresidente Primeiro, e Purificación Serrano Caviedes, Vicepresidenta Segunda.

  • Presidencias Provinciais:
    A Coruña: Manuel Viqueira Verea.
    Lugo: Luís Abelleira Maior.
    Ourense: Felipe Ferreiro Feijóo.
    Pontevedra: Teresa Álvarez Quicler.

  • Vogais do Comité Autonómico:
    Alfredo Aguiar Pérez.
    Rosa Álvarez Cardoso.
    María del Mar Álvarez Paradela.
    José Luis Barreiro Conde.
    María del Carmen Besada Vázquez.
    Carmen Blanco Sabín.
    Jaime Capellá Pérez.
    Francisca Elena Carneiro Lado.
    María del Carmen Colmeiro Rojo.
    Gonzalo Iglesias Rial (vogal electo ao Comité Nacional de Cruz Vermella Española).
    Emilio Insua Pazos.
    José Enrique Márquez Fragueiro.
    Juan Andrés Ríos Mejuto.
    José María Salcidos González.

Funcións do Comité Autonómico

Trátase do órgano que asume o goberno da Institución no ámbito territorial de Galicia, de conformidade cos fins e obxectivos xerais de Cruz Vermella Española e #de acordo con a política, plan e criterios establecidos polos órganos superiores da Institución. O Comité Autonómico reúnese con carácter ordinario, polo menos dúas veces ao ano, e con carácter extraordinario cando o convoque a súa presidenta, por decisión propia ou a solicitude, como mínimo, dun terzo dos seus compoñentes.

Entre as funcións do Comité Autonómico destaca o establecemento dos obxectivos da Organización en Galicia, elaboración do plan de traballo – elevado para aprobación polo Comité Nacional-; Coñecemento da estrutura de xestión que se estime necesaria para o mellor desenvolvemento e cumprimento dos obxectivos de Cruz Vermella Española no seu ámbito, así como a creación ou supresión das unidades administrativas pertinentes e o nomeamento e cesamento dos seus responsables.

Comparte este artículo: