Camiño de migas

Inicio Sobre Cruz Vermella en Galicia

Sobre Cruz Vermella en Galicia

Sobre Cruz Vermella en Galicia

CWB - Sobre Cruz Vermella en Galicia

Cruz Vermella traballa en Galicia desde 1870 e desde entón fómonos adaptando e transformando para dar resposta ás necesidades das persoas máis vulnerables da nosa comunidade, mellorando a súa calidade de vida, autonomía e favorecendo a súa integración social. Ao mesmo tempo, tratamos de implicar á cidadanía nas necesidades da poboación doutros lugares do mundo, así como nas emerxencias nacionais e internacionais. 

No ano 2023 atendemos a máis de 102.000 persoas en Galicia a través das diferentes áreas de intervención de Cruz Vermella. E fixémolo grazas ao traballo das máis de 600 persoas que forman parte do persoal laboral da Organización, e a colaboración dos máis de 19.600 voluntarios/as e máis de 71.000 persoas socias.  

+ Órganos de goberno e dirección  

O máximo órgano de goberno de Cruz Vermella en Galicia é o Comité Autonómico, que está formado por representantes do voluntariado e das persoas socias que son elixidos cada catro anos nun proceso electoral, segundo marcan os Estatutos e o Regulamento Xeral Orgánico de Cruz Vermella Española.  

Cruz Vermella en Galicia está presidida por Mercedes Casanova Díaz. Juan Andrés Ríos Mejuto é o vicepresidente primeiro e Purificación Serrano Caviedes é a vicepresidenta segunda. Ademais, en cada provincia existe un Comité Provincial, presididos na actualidade por Manuel Viqueira Verea (A Coruña), Luis Abelleira Maior (Lugo), Felipe Ferreiro Feijoo (Ourense) e Teresa Álvarez Quicler (Pontevedra). 

+ Organización territorial 

Unha das nosas grandes fortalezas é a nosa rede territorial: contamos con 55 puntos de atención cos que podemos estar perto das persoas na maioría das comarcas de Galicia. 

+ Fontes de financiación 

Os nosos recursos proveñen, por unha banda, das achegas que realizan tanto persoas físicas como empresas ou entidades mediante donativos puntuais ou sendo socias, así como da venda de boletos do Sorteo de Ouro. Por outro, realizamos a prestación de servizos de diferentes áreas, como Formación e Socorros, e obtemos financiamento das subvencións e as axudas das administracións públicas.  

A transparencia e a responsabilidade son características da xestión de Cruz Vermella, que se somete a diferentes tipos de auditorías e controis de calidade. 

 

VISIÓN E MISIÓN 

+ A nosa visión 

Cruz Vermella Española, como organización humanitaria e voluntaria arraigada na sociedade, dará respostas integrais ás persoas vulnerables, cunha perspectiva de desenvolvemento humano. 

+ A nosa misión 

estar cada vez máis preto das persoas vulnerables nos ámbitos nacional e internacional, con accións integradas, realizas por voluntariado e cunha ampla participación social.