• Contacto
  • Intranet
  • Identifícate
  • Sala de Prensa
  • FAI VOLUNTARIADO
  • FAITE SOCIO/A

Máis de 260 persoas participan en Ourense no XXIII Encontro de Voluntariado de Cruz Vermella en Galicia - Cruz Vermella

Nested Applications

Publicador de contidos

Máis de 260 persoas participan en Ourense no XXIII Encontro de Voluntariado de Cruz Vermella en Galicia
Presente
Noticias
Dec
13
2023
13 Decembro Máis de 260 persoas participan en Ourense no XXIII Encontro de Voluntariado de Cruz Vermella en Galicia

O voluntariado é un dos piares fundamentais de Cruz Vermella y grazas á súa implicación e compromiso a Organización Humanitaria pode levar a cabo moitos dos proxectos e actividades que realiza en Galicia. Co obxectivo de poñer en valor o seu labor, a localidade de Ourense acolleu o sábado 09 de setembro o XXIII Encontro de Voluntariado de Cruz Vermella en Galicia, coa presenza de máis de 260 voluntarios e voluntarias procedentes das asembleas provinciais, comarcais e locais das catro provincias galegas.

No acto inaugural, que tivo lugar no Teatro Principal de Ourense, estiveron presentes Mercedes Casanova Díaz, presidenta autonómica de Cruz Vermella; Felipe Ferreiro Feijóo, presidente provincial de Cruz Vermella en Ourense; Luis Menor Pérez, presidente da Deputación de Ourense; Tamara Silva Cid, concelleira de Impulso educativo, Xuventude, Voluntariado e Promoción económica do Concello de Ourense; e Gabriel Alén Castro, delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense.

Tras o saúdo institucional, Cruz Vermella realizou a entrega de recoñecementos ao voluntariado desta edición, concedendo un total de 26 diplomas de recoñecemento á acción voluntaria, un Diploma de Honra, dúas medallas de Bronce e seis de Prata.

  • Medalla de Prata: Luisa Añón Buño, Antonio Trelles Expósito, Daniel Domínguez Campos, Carmen Gómez Vaamonde, Maximino Alonso Alejandre e Miriam Oliva Rodríguez Martínez (Miriam Centro de Danza).

  • Medalla de Bronce: Manuel Campos Taboada e Clodomiro Montero Centrón.

  • Diploma de Honra: Francisco Novoa Rodríguez (Academia Postal).

  • Diploma de Recoñecemento á Acción Voluntaria: Cecilia Bello Rodríguez, José Cerdeira Domínguez, Andrea Álvarez Gómez, Mª Rosa Rodríguez Álvarez, Clemencia del Valle Rivas Villaroel, Nelly María Perdomo Chávez, Nancy Margarita González Capote, Mª del Carmen Cid Gallego, Pilar Fernández Conde, Julián Guijarro Rivas, Luis Alfonso Rodríguez, Ángela Grande Fernández, Luis Eduardo Riobueno, Avelino Colmenero Feijóo, Mª Soledad Ruido Pérez, Valentina Isabel García Tello, Jose Porfirio Soares Ribeiro, José Antonio Vázquez Vázquez, Manuel da Silva Morgade, Mª de Lourdes Ramos López, Aurora Dacal Blanco, Ana Cid Cid, Mª Belén López Rodríguez, Roi Juan López Muriel, Cidalia da Gloria Cardoso Gonçalves, Mª Antonia Fernández Astiaso.

O Encontro de Voluntariado de Cruz Vermella en Galicia é unha cita anual na que se recoñece o compromiso coa acción voluntaria, pero ademais serve para reflexionar sobre o seu papel na sociedade actual. Por este motivo, a xornada incluíu unha mesa redonda para falar de “Novas formas de voluntariado ante a emerxencia”, coa presenza de tres persoas voluntarias da área de coñecemento de Socorros. Así, un representante do dispositivo especial que Cruz Vermella ten no Camiño de Santiago, outro dos Equipos de Resposta Básica en Emerxencias e o terceiro en representación dos Equipos de Resposta Inmediata en Emerxencias afondaron sobre o importante papel que o voluntariado ten nestes proxectos e na área de Socorros de Cruz Vermella en xeral.

Esta xornada contou tamén coa actuación da violinista Rosa de la Vega e dunha representación da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, que puxo fin a un acto inaugural dun Encontro de Voluntariado que permitiu, tras catro anos de parón pola pandemia da Covid-19, compartir experiencias entre as persoas voluntarias da Organización e que participan activamente nas diferentes áreas e proxectos de Galicia.

Comparte este artículo: