• Contacto
  • Intranet
  • Identifícate
  • Sala de Prensa
  • FAI VOLUNTARIADO
  • FAITE SOCIO/A

Cruz Vermella agradece o labor das 13.000 persoas voluntarias que ten en Galicia - Cruz Vermella

Nested Applications

Publicador de contidos

Cruz Vermella agradece o labor das 13.000 persoas voluntarias que ten en Galicia
Presente
Noticias
Dec
04
2025
04 Decembro Cruz Vermella agradece o labor das 13.000 persoas voluntarias que ten en Galicia

Protexer a humanidade é un dos principais mandatos de Cruz Vermella, e para logralo a participación activa do voluntariado é fundamental. Por iso, e con motivo do Día Internacional do Voluntariado, Cruz Vermella quere render homenaxe a todas as persoas que representan o centro e a forza da Organización.

En España, son máis de 231.000 as persoas voluntarias que acompañaron e reforzaron a actividade de Cruz Vermella no último ano e, no caso de Galicia, son máis de 13.300 persoas. Por esta dedicación, a Organización recoñece a forza do seu voluntariado, poñendo en valor os seus talentos, fortalecendo as súas capacidades e mellorando a súa satisfacción.

O perfil do voluntariado de Cruz Vermella Española é moi variado, aínda que principalmente representado por mulleres (62,23%), cunha idade de entre 30-50 anos (39% do total) e con estudos superiores. En 2024, 62.106 persoas contactaron para interesarse pola acción voluntaria, e 32.562 incorporáronse como novas voluntarias da Organización, sendo 1.358 en Galicia en 2024 e outras 1.185 no que vai de 2025.  

En 2024, Cruz Vermella atendeu a preto de 2,8 millóns de persoas no ámbito nacional, 7,3 millóns no ámbito internacional, ademais de acompañar a 1,6 millóns de persoas en actividades comunitarias. Todo este labor foi posible grazas á forza do voluntariado, que se mobiliza ante as grandes emerxencias, como o ocorrido tras a DANA, pero tamén nas intervencións cotiás do día a día e que permiten ofrecer respostas a persoas en situación de soidade non desexada, en procura de emprego ou sen recursos, entre outras moitas vulnerabilidades.

Cruz Vermella traballa de maneira continua en despregar novos procesos de xestión e desenvolvemento das persoas voluntarias, ofrecendo actividades máis especializadas e adaptadas aos seus perfís para que todas as persoas que forman parte do voluntariado obteñan unha experiencia máis satisfactoria.

Comparte este artículo: