• Contacto
  • Intranet
  • Identifícate
  • Sala de Prensa
  • FAI VOLUNTARIADO
  • FAITE SOCIO/A

Enredando Tour “Amtega” promove a autonomía dixital de persoas maiores de 21 localidades galegas - Cruz Vermella

Nested Applications

Publicador de contidos

Enredando Tour “Amtega” promove a autonomía dixital de persoas maiores de 21 localidades galegas
Presente
Noticias
Set
16
2026
16 Setembro Enredando Tour “Amtega” promove a autonomía dixital de persoas maiores de 21 localidades galegas

Reducir a fenda dixital e proporcionar ferramentas para o uso das tecnoloxías ás persoas maiores de 55 anos son os obxectivos principais de Enredando Tour “Amtega”, unha iniciativa de Cruz Vermella en Galicia que se desenvolve en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia. A edición de 2026 arrincou en Vilar de Barrio (Ourense) e, tras percorrer as catro provincias galegas, hoxe finalizou na Estrada (Pontevedra).

Alén de promover a autonomía dixital, esta iniciativa cumpre dous obxectivos primordiais. Por unha banda, que as persoas maiores desfruten das vantaxes das tecnoloxías e non queden á marxe e, por outra banda, que o feito de vivir en pobos, zonas rurais ou barrios periféricos non supoña unha desvantaxe para elas.

No acto de clausura de hoxe fíxose balance da iniciativa e interviñeron o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, a vicepresidenta de Cruz Vermella en Galicia, Isabel Vicandi, o alcalde de A Estrada, Gonzalo Louzao, e a responsable de proxectos da Unidade de Innovación de Cruz Vermella en Galicia, Trini de Lorenzo. Tamén asistiu Damián Rey, director de Amtega, así como outras autoridades.

O equipo de Cruz Vermella, formado por persoal especializado e voluntariado, acompañou este ano a un total de 242 persoas nos talleres cuxos contidos se centraron en:

  • Tecnoloxías. Para saber que é a realidade virtual e a intelixencia artificial.

  • Aplicacións útiles. Para aprender a utilizar a banca electrónica e facer compras en liña.

  • Seguridade na Rede. Para coñecer máis sobre ciberseguridade e poder detectar posibles fraudes.

Para desenvolver esta actividade, contamos cunha furgoneta equipada con diferentes dispositivos (como ordenadores, tablets, móbiles, altofalantes intelixentes ou lentes de realidade virtual), o que permitiu montar un espazo formativo itinerante en prazas e lugares céntricos para facilitar a participación das persoas interesadas.

Localidades e cifras salientables

Con este tipo de sesións, promóvese o acceso ás TIC das persoas máis remisas a usalas porque non se atreven, non saben como facelo ou xéralles inseguridades, e así aprenden polo menos cuestións básicas moi útiles para o seu día a día. Así mesmo, para outras persoas que están máis habituadas a utilizar dispositivos tecnolóxicos é unha boa ocasión para descubrir novas utilidades e ferramentas.

Outro dato significativo é que durante o tour de 2026 percorréronse un total de 2.392 quilómetros. A relación das 21 localidades nas que se realizaron paradas e talleres son as seguintes:

  • Provincia de Ourense: Vilar de Barrio, Riós, Vilardevós, A Teixeira e Montederramo.

  • Provincia da Coruña: Corcubión, Val do Dubra, Monfero, Mazaricos e Rois.

  • Provincia de Pontevedra: Barro, Vilaboa, Cangas, Vilanova de Arousa, Vigo (barrio de Coruxo) e A Estrada.

  • Provincia de Lugo: Portomarín, O Valadouro, Rábade, Cervantes e Lugo (barrio de Tirimol).

O balance en cifras das catro edicións de Enredando Tour “Amtega” (2023-2024-2025 e 2026) é de máis de 1.300 participantes, 83 localidades e 7.059 quilómetros.

Comparte este artículo: