Cruz Vermella percorre o Camiño Francés para atender aos peregrinos - Cruz Vermella
Nested Applications
Publicador de contidos
Cruz Vermella volve acompañar, un verán máis, aos peregrinos e as peregrinas que fan o Camiño de Santiago a través de “Contigo no Camiño”. Trátase dun dispositivo especial que combina atención sociosanitaria, acompañamento e información práctica ao longo do Camino Francés entre Pedrafita do Cebreiro e Santiago de Compostela.
O operativo está formado por equipos de socorristas que se desprazan en bicicletas eléctricas equipadas con caixa de primeiros auxilios de primeiros auxilios e desfibrilador semiautomático (DESA). Grazas a esta presenza directa no roteiro, poden prestar unha atención rápida e próxima ante incidencias habituais como ampolas, rozaduras ou dores musculares.
O dispositivo, que conta co apoio da Xunta de Galicia e a colaboración da Fundación Eroski e Vegalsa, compleméntase con vehículos de apoio e coordinación que reforzan a cobertura do servizo.
As unidades móbiles están xeolocalizadas en todo momento, o que permite mellorar a capacidade de resposta e garantir unha atención máis eficaz. Alén da asistencia sanitaria, os equipos ofrecen orientación sobre as etapas, a localización de fontes de auga, albergues, aloxamentos e outros recursos de interese para quen realiza a peregrinación.
Esta é a sexta edición de “Contigo no Camiño”, que xa se consolidou como un recurso de referencia, que reflicte o compromiso coa seguridade, o benestar e o acompañamento das miles de persoas que cada ano chegan a Galicia seguindo a ruta xacobea.