• Contacto
  • Intranet
  • Identifícate
  • Sala de Prensa
  • FAI VOLUNTARIADO
  • FAITE SOCIO/A

Cruz Vermella proporciona atención aos peregrinos que realizan o Camiño de Santiago - Cruz Vermella

Nested Applications

Publicador de contidos

Cruz Vermella proporciona atención aos peregrinos que realizan o Camiño de Santiago
Presente
Noticias
Xul
23
2024
23 Xullo Cruz Vermella proporciona atención aos peregrinos que realizan o Camiño de Santiago

Cruz Vermella ten en marcha un dispositivo especial no Camiño de Santiago para atender aos peregrinos e peregrinas. O obxectivo principal é proporcionar atención sociosanitaria a aquelas persoas que o necesiten e para iso hai tres unidades móbiles que percorren diferentes tramos entre Santiago e Sarria.

Cada un dos equipos de “Contigo non Camiño” está formado por dous socorristas que se desprazan en bicicleta eléctrica e levan un botiquín de primeiros auxilios e un desfibrilador semiautomático DESA. Dolores musculares, rozaduras ou ampolas son algúns dos motivos máis habituais de atención. 

Este dispositivo, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia, funcionará tanto durante o mes de xullo como o de agosto en horario de 8:30 a 14:30. Algo que o diferencia doutros recursos é que está no propio Camiño e, por tanto, moi preto dos peregrinos que o realizan e poden chegar a precisar algún tipo de atención ou asesoramento.

Así mesmo, cumpre outro obxectivo importante: facilitar información de utilidade acerca do roteiro. As consultas que máis se adoitan expor son sobre a dificultade das etapas, a localización de fontes de auga potable, a distancia aos albergues ou aloxamento, así como sobre lugares de interese turístico.

Este é o cuarto ano que Cruz Vermella en Galicia desenvolve un dispositivo similar. É importante destacar que as unidades móbiles do operativo están xeolocalizadas en todo momento. Así mesmo, hai un vehículo de Cruz Vermella para labores de coordinación e loxística.

Comparte este artículo: