• Contacto
  • Intranet
  • Identifícate
  • Sala de Prensa
  • FAI VOLUNTARIADO
  • FAITE SOCIO/A

‘Contigo no Camiño’ suma apoios para atender a quen peregrina a Santiago - Cruz Vermella

Nested Applications

Publicador de contidos

‘Contigo no Camiño’ suma apoios para atender a quen peregrina a Santiago
Presente
Noticias
Xul
22
2025
22 Xullo ‘Contigo no Camiño’ suma apoios para atender a quen peregrina a Santiago

O dispositivo ‘Contigo no Camiño’ conta con 16 persoas que percorren diariamente un total de 364 quilómetros en bicicletas eléctricas dotadas de material de primeiros auxilios. Co obxectivo de contribuír a non deixar a ninguén atrás, entidades como Vegalsa, Fundación Eroski e Nordés Ancín sumaron o seu apoio ao da Xunta de Galicia para impulsar o proxecto de Cruz Vermella ao longo do Camiño Francés no verán de 2025.

 “Grazas ao apoio tanto de entidades públicas como privadas, contamos cun gran grupo de socorristas que percorre a diario sete etapas do Camiño ata Santiago de Compostela”, explicou a presidenta autonómica de Cruz Vermella en Galicia, Mercedes Casanova. Así, a través de ‘Contigo non Camiño’, a Organización humanitaria está o máis preto posible dos peregrinos e peregrinas co obxectivo tanto de velar pola súa seguridade como de servir de axuda perante a posibles dúbidas en todo o referente ao Camiño.

Cada un dos equipos do dispositivo está formado por dous socorristas que se desprazan en bicicleta eléctrica e levan un botiquín de primeiros auxilios e un desfibrilador semiautomático. Trátase de unidades móbiles xeolocalizadas en todo momento que contan, ademais, con tres vehículos de apoio destinados a labores de coordinación e loxística.

 

Acompañamento, coidado e información

Dolores musculares, rozaduras ou ampolas son algúns dos motivos máis habituais de atención a peregrinos e peregrinas de todas as idades. Pero ‘Contigo no Camiño’ realiza tamén o labor de facilitar información de utilidade acerca do roteiro. Así, as consultas que máis se adoitan expor viran ao redor da dificultade das etapas, a localización de fontes de auga potable, a distancia aos albergues ou aloxamento, así como sobre lugares de interese turístico.

Este é o quinto ano que Cruz Vermella desenvolve en Galicia un dispositivo similar, o cal se suma ao labor desenvolvido pola Organización na última etapa do Camiño durante todas as fins de semana do ano.

 

Comparte este artículo: