• Contacto
  • Intranet
  • Identifícate
  • Sala de Prensa
  • FAI VOLUNTARIADO
  • FAITE SOCIO/A

Unha delegación de Cruz Vermella en Galicia viaxa ás Palmas para coñecer o Centro de Cooperación con África - Cruz Vermella

Nested Applications

Publicador de contidos

Unha delegación de Cruz Vermella en Galicia viaxa ás Palmas para coñecer o Centro de Cooperación con África
Presente
Noticias
Xan
08
2024
08 Xaneiro Unha delegación de Cruz Vermella en Galicia viaxa ás Palmas para coñecer o Centro de Cooperación con África

Durante os días 25 e 26 de outubro unha delegación galega formada por membros dos comités provinciais e persoal técnico de Cruz Vermella viaxaron a Las Palmas de Gran Canaria para visitar o Centro de Cooperación con África (CCA). Nesta ocasión, puideron coñecer de primeira man o funcionamento do centro loxístico que forma parte da rede global de centros de axuda humanitaria da Federación Internacional da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella.

A visita ao CCA completouse con outra á Oficina Provincial e Local das Palmas, ao dispositivo de servizo de salvamento na Praia das Canteiras, ao espazo de acollida de persoas inmigrantes "Canarias 50" e ao dispositivo do Equipo de Resposta Inmediata en Emerxencias (ERIE) no peirao de Arguineguín.

Esta iniciativa forma parte das accións de sensibilización que realiza o CCA para promover unha solidariedade comprometida, a través da difusión de coñecementos, actitudes e valores. Ademais, tivo lugar grazas á estreita colaboración que Cruz Vermella de Galicia e o Centro de Cooperación con África teñen desde hai anos, froito da achega que a Organización no ámbito galego ha realizado durante anos ao Fondo de Cooperación Internacional de Cruz Vermella Española. Creado hai máis de 20 anos, o Fondo contribúe ao financiamento de proxectos fóra de España vinculados á axuda humanitaria e a cooperación ao desenvolvo pero, ademais, permite apoiar á Federación Internacional e ás Sociedades Nacionais irmás no seu fortalecemento de capacidades para prestar máis e mellor apoio ás persoas en situación de vulnerabilidade dos distintos países, entre outras funcións.

“Esta visita foi moi positiva para a delegación galega porque coñecemos de primeira man o traballo do CCA e dos compañeiros canarios. Ademais, esta acción vai ter continuidade porque as persoas que participaron na viaxe darán a coñecer este labor entre os órganos de dirección e o voluntariado das asembleas locais ás que pertencen”, sinala Juan Redondo, referente de Cooperación Internacional de Cruz Vermella en Galicia.

 

Dez anos de cooperación con África

O Centro de Cooperación con África (CCA) foi creado polo Comité Nacional de Cruz Vermella Española en maio de 2013, co obxectivo de fomentar a acción da Organización Humanitaria coas Sociedades Nacionais da Cruz Vermella e a Media Lúa Vermella do continente africano e, en particular, coa Asociación de

Sociedades Nacionais da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella Africana, actualmente composta por 32 países.

Situado en Las Palmas de Gran Canaria, o CCA trata de ir un paso máis aló da axuda humanitaria, promovendo, ordenando e sistematizando o intercambio e a cooperación técnica coas Sociedades Nacionais africanas. Así, en primeiro lugar, desde o Centro Loxístico de Axuda Humanitaria coordínase o envío de materiais estandarizados de axuda humanitaria como resposta a desastres ou crises. En segundo lugar, desde o CCA se aposta por activar a asistencia e o intercambio técnico horizontal como ferramenta fundamental e de gran impacto na cooperación internacional. Por último, en relación coas actividades de sensibilización e educación para o desenvolvemento, preténdese achegar e mellorar o coñecemento sobre África e o traballo que, desde Cruz Vermella, e concretamente, desde o Centro de Cooperación con África (CCA) realízase neste continente.

Comparte este artículo: