• Contacto
  • Intranet
  • Identifícate
  • Sala de Prensa
  • FAI VOLUNTARIADO
  • FAITE SOCIO/A

“Contigo no camiño”, o dispositivo especial de Cruz Vermella para atender a peregrinos e peregrinas - Cruz Vermella

Nested Applications

Publicador de contidos

“Contigo no camiño”, o dispositivo especial de Cruz Vermella para atender a peregrinos e peregrinas
Presente
Noticias
Dec
13
2023
13 Decembro “Contigo no camiño”, o dispositivo especial de Cruz Vermella para atender a peregrinos e peregrinas

Cruz Vermella en Galicia vai estar presente, por terceiro ano consecutivo, no Camiño de Santiago cun dispositivo especial de atención a peregrinos e peregrinas cuxo obxectivo é proporcionarlles unha atención global que inclúe acompañamento, asistencia e asesoramento.

O dispositivo “Contigo no camiño”, que conta con apoio de Xunta de Galicia, vai estar en funcionamento de mércores a domingo, ambos incluídos, desde o 26 de agosto ao 30 de setembro. Nesta ocasión, Cruz Vermella cubrirá por completo os percorridos do Camiño Francés entre Sarria e a cidade de Santiago de Compostela. En concreto, contará con equipos móbiles de socorristas que realizarán as etapas en bicicletas eléctricas en horario de 09:00 a 14:00 horas. Ademais, existirá un punto central de información e posto de asistencia en Sarria, que funcionará en horario de 16:00 a 19:00 horas. Por último, a Organización Humanitaria dispón ademais dun vehículo de apoio itinerante entre as etapas e cun horario máis flexible, equipado con material específico para dar resposta naquelas situacións que superen o nivel de asistencia das patrullas móbiles.

Doutra banda, e como novidade con respecto a outras edicións, ampliarase o dispositivo en polo menos tres fins de semana mediante a participación e cobertura do mesmo con persoas voluntarias de Cruz Vermella que realizarán o percorrido.

As patrullas que realizarán o Camiño de Santiago en bicicleta contan con formación en primeiros auxilios, desfibrilación semiautomática, xeolocalización, medioambiente e igualdade de xénero. Estes equipos están dotados dun botiquín de primeiros auxilios, un desfibrilador semiautomático (DESA) e un xeolocalizador. Nesta ocasión, a rotación dos sete socorristas será unicamente entre dous das cinco etapas, de maneira que se especializarán nas mesmas adquirindo un coñecemento minucioso de cada unha delas, o que redundará nunha mellor información a peregrinos e peregrinas. Ademais, unha persoa coordinadora encargarase de supervisar o dispositivo, tendo mobilidade para ofrecer apoio extra se a actividade requiríseo nalgún punto e día concreto.

O dispositivo especial de atención a peregrinos e peregrinas por parte de Cruz Vermella comezou no verán 2021, prestando apoio nesa edición a máis de 1.200 persoas a través de atención sanitaria ou resolvendo consultas de carácter xeral, cultural ou loxística, entre outras.

Comparte este artículo: