Camiño de migas

Inicio Axudas públicas

Axudas públicas

Axudas públicas

CWB Texto introductorio

En cumprimento das obrigacións legais de comunicación esixidas polas seguintes subvencións, procédese á difusión das mesmas: 

CWB - Ayudas públicas

 

Servizo de asesoría xurídica a persoas inmigrantes 

"Fíos que unen” é un proxecto de Cruz Vermella dirixido a acompañar ás persoas migrantes nos seus procesos de regularización e acceso a dereitos, ofrecendo asesoramento xurídico especializado, información de calidade e orientación personalizada. A iniciativa contribúe a mellorar a inclusión social das persoas participantes, favorecendo a súa autonomía e o exercicio pleno dos seus dereitos na sociedade de acollida, con especial atención a quen se atopa en situacións de maior vulnerabilidade.  

O proxecto desenvólvese desde unha perspectiva de dereitos humanos, igualdade de oportunidades, enfoque intercultural e participación activa das persoas, promovendo itinerarios que faciliten a súa integración social e comunitaria. “Fíos que unen” está cofinanciado pola Unión Europea e a Xunta de Galicia, reforzando o compromiso compartido coa inclusión social, a cohesión territorial e a construción dunha sociedade máis xusta e inclusiva. 

 

Enerxías renovables nos centros de Castro Riberas de Lea

Os centros de parálise cerebral, dano cerebral, discapacidade intelectual e trastorno dual de Cruz Vermella en Castro Ribeiras de Lea apostan pola enerxía limpa. Nestes centros deuse un paso máis cara á sustentabilidade coa substitución do banco de baterías da microred con renovables dos devanditos centros, cambiándoas por unhas máis modernas e eficientes.

Esta actuación é un paso máis na aposta por un modelo enerxético máis limpo, eficiente e respectuoso coa contorna e reforza o compromiso da Organización co coidado do medio ambiente, a redución da pegada ecolóxica e a transición cara a modelos enerxéticos máis responsables.

Esta aposta polas enerxías renovables non só mellora a eficiencia enerxética do Centro, senón que tamén reflicte unha forma de traballar coherente cos principios humanitarios de Cruz Vermella: protexer a vida, tamén desde o respecto ao planeta que compartimos.

Esta actuación enmárcase no Programa de incentivos 1, 2 e 3 vinculados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector servizos e noutros sectores produtivos, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia europeo, financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU (código de procedemento IN421W).

 

 

Xunta de Galicia 2023 

SI431A subvención a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo Plus no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027. 

Concedida unha axuda, por importe de 42.020,31 € para gastos directos do persoal que desenvolve o proxecto en Lugo e Ordes a través de asesoramento social continuado, apoio directo, acompañamento, atención, información e atención psicolóxica, orientación formativa e laboral e traballo de rúa.  Esta convocatoria está cofinanciada polo Fondo Social Europeo Plus no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

 

RESOLUCIÓN de 21 de marzo de 2022 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos para a implantación de instalacións de enerxías renovables térmicas en diferentes sectores da economía, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
As axudas desta convocatoria teñen como obxectivo o desenvolvemento de enerxías renovables, destacando o uso das enerxías renovables nos sectores industrial, agropecuario, servizos e dministracións públicas. Esta convocatoria ten o seu encaixe nos programas de incentivos vinculados á implantación de instalacións de enerxías renovables térmicas en diferentes sectores da economía, aprobados polo Real decreto 1124/2021.

 

 

Xunta de Galicia 2022 

BS631C subvención destinada á adquisición de vehículos que faciliten a prestación de servizos a persoas dependentes ou a persoas con discapacidade por parte de entidades de iniciativa social da Comunidade Autónoma de Galicia, ao amparo do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU de conformidade co Regulamento (UE) número 2021/241, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia. Orde 23 de setembro de 2022 (DOG nº 193 do 10 de outubro de 2022). 

Concedida pola Consellería de Política Social e Mocidade, unha subvención de 89.904,88€ para a adquisición de 2 vehículos de emisión cero, tipo eco ou etiqueta C verde, adaptados a persoas con mobilidade reducida, que faciliten a prestación de servizos a persoas dependentes ou persoas con discapacidade coas que traballamos desde os diferentes proxectos que desenvolvemos en Galicia.