Programa FSE+ de Asistencia Material Básica 2025 - 2027 - Cruz Vermella
BANNER - Programa FSE+ de Asistencia Material Básica 2025-2027
FSE+ Asistencia Material Básica
TÍTULO - Programa FSE+ de Asistencia Material Básica 2025-2027
Programa FSE+ de Asistencia Material Básica 2025-2027
INTRO - FSE +
O obxectivo do Programa FSE+ de Asistencia Material Básica (Programa Básico) da Comunidade Autónoma de Galicia é apoiar ás familias con menores ao seu cargo que se atopan en situación de vulnerabilidade. Este programa está promovido pola Consellería de Política Social e Igualdade e conta con financiamento da Unión Europea e da Xunta de Galicia. Cruz Vermella é a entidade encargada da entrega de tarxetas de compra ás persoas beneficiarias do programa a través da súa rede de asambleas locais.
TÍTULO - Productos esenciales
Produtos esenciais
CWB - TEXTO 2 FSE+
Estas tarxetas facilitan o acceso a alimentos e produtos esenciais de hixiene que se poden adquirir en calquera dos supermercados do grupo Vegalsa-Eroski.
É importante ter en conta que quedan excluídos certos artigos como produtos azucrados, bolaría, precociñados, precociñados conxelados, refrescos, bebidas alcólicas ou auga embotellada, entre outros.
As tarxetas son de uso persoal e intransferible é non están vinculadas a ningunha conta bancaria nin poden intercambiarse por diñeiro.
TÍTULO - Medidas de acompañamento social
Medidas de acompañamento social
CWB - TEXTO 3 FSE+
As medidas de acompañamento social son un conxunto de axudas, apoios e orientacións que Cruz Vermella ofrece ás familias que reciben a tarxeta do Programa Básico.
1. Programa de Acompañamento Social Xeneral
Está dirixido a todas as familias beneficiarias do Programa Básico. Dispoñen dun plan de acompañamento básico que inclúe:
-
Información actualizada sobre recursos sociais, educativos e sanitarios.
-
Acceso a materiais formativos sobre hábitos saudables, economía doméstica e educación financeira.
-
Coordinación e mediación cos Servizos sociais dos concellos sobre a situación de cada caso.
2. Programa de Acompañamento Social Adaptado a Persoas e Familias en Situación de Especial Vulnerabilidade e/ou Exclusión
Está dirixido a aquelas familias que presentan unha situación de maior vulnerabilidade ou necesidades específicas. A participación é voluntaria e formalízase mediante un documento de compromiso, que se asina no momento de recibir a tarxeta.
As actividades principais son:
-
Capacitación en hábitos de vida saudables. Co obxectivo de mellorar o benestar integral.
-
Capacitación en administración doméstica. Para mellorar a xestión económica e a organización do fogar.
Asimesmo poñemos ao seu dispor outros recursos de Cruz Vermella, de xeito específico os de apoio e orientación en materia de emprego.
TÍTULO - Vías de contacto e consulta
Vías de contacto e consulta
CWB - TEXTO 4 FSE+
Para resolver calquera dúbida relacionada coa tarxeta ou co funcionamento do programa pódese contactar con Cruz Vermella polas seguintes vías:
-
Teléfono: 900 815 353
-
Enderezo electrónico: programabasico.galicia@cruzroja.es
CWB - BANDA FINAL FSE+
*Servizo concertado coa Xunta de Galicia e cofinanciado pola Unión Europea no marco do Fondo Social Europeo Plus (FSE+).