ExperienciaLab - Cruz Vermella
Camiño de migas
Campañas ExperienciaLab
BANNER CABECERA - EXPERIENCIALAB
ExperienciaLab
CWB - INTRO EXPERIENCIALAB
ExperienciaLab é un recurso que promove unha visión realista e enriquecedora do envellecemento, destacando as capacidades, a experiencia e o valor das persoas maiores, á vez que ofrece experiencias inmersivas para comprender os retos que poden aparecer en determinadas situacións.
TÍTULO - Que é ExperienciaLab?
Que é ExperienciaLab?
CWB - TEXTO Que é ExperienciaLab?
É un recurso itinerante de innovación social do que dispón Cruz Vermella en Galicia orientado á sensibilización e formación interxeracional, que utiliza metodoloxías experienciales e inmersivas para promover unha comprensión integral do proceso de envellecemento.
É un recurso cofinanciado con Fondos públicos provenientes da convocatoria do 0,7 % do IRPF da Xunta de Galicia na convocatoria 2024-2025.
O seu enfoque baséase en:
-
Perspectiva realista do envellecemento, destacando as capacidades funcionais, a experiencia acumulada e o valor social das persoas maiores.
-
Xerar empatía e conciencia situacional, mediante a simulación sensorial e funcional a través de dispositivos e tecnoloxías que reproducen limitacións asociadas a patoloxías que poderían incrementarse coa idade (p. ex., perda de mobilidade, visión reducida, tremores).
-
Autonomía dixital e tecnolóxica, a través da transferencia de coñecemento xerada nas dinámicas participativas, talleres prácticos e ferramentas dixitais en contornas cotiás.
-
Avaliación do impacto social mediante indicadores de percepción, aprendizaxe e cambio actitudinal, asegurando a sustentabilidade e escalabilidade do servizo (apartado Avaliación).
TÍTULO - Para que?
Para que?
CWB - para que
Nace como resposta a varias necesidades sociais e estratéxicas:
1. Combater estereotipos sobre o envellecemento. ExperienciaLab busca romper eses mitos, mostrando que o envellecemento pode ser diverso e cheo de oportunidades.
2. Sensibilizar desde a experiencia, xa que as simulacións e dinámicas inmersivas permiten poñerse na pel de quen enfronta limitacións, pero sen transmitir que isto é a norma. O obxectivo é xerar empatía, non medo, e promover unha actitude inclusiva cara ás persoas maiores.
3. Levar a sensibilización a todo o territorio: moitas iniciativas concéntranse en cidades, deixando fóra a poboacións rurais. A unidade móbil permite achegar actividades a calquera punto, garantindo equidade territorial.
4. Fomentar a colaboración interxeracional: o escape room e os talleres están deseñados para implicar a persoas de calquera idade, creando espazos de diálogo e aprendizaxe mutuo.
5. Integrar tecnoloxía e educación: o uso de realidade virtual, simuladores e material audiovisual para ofrecer experiencias atractivas e actuais.
TÍTULO - O recurso
O recurso
CWB - RECURSOS
Contidos dispoñibles
1. Furgoneta equipada como unidade móbil de sensibilización e formación interxeracional.
2. Escape room "Escapa do idadismo", adaptado para menores e persoas adultas.

3. Aula da experiencia: sentir para comprender: simuladores de idade e diversas patoloxías (traxe de envellecemento, EPOC, tremor, dor de costas, hemiparesia, lentes de simulación).

4. Simuladores de realidade virtual

5. Material audiovisual e educativo para talleres e charlas.
TÍTULO - Destinatarios
Destinatarios
CWB - DESTINATARIOS
ExperienciaLab é un recurso utilizado desde a rede territorial de Cruz Vermella en Galicia e como apoio á actividade da súa rede de oficinas. Aínda que o seu obxectivo é traballar con calquera sector de poboación, está pensado especialmente para traballar con administracións públicas e empresas que , pola súa misión, interactúan con persoas maiores, buscando lograr que as persoas que traballan nesas contornas aumenten a súa empatía e colaboren na mellora da calidade de vida dos usuarios dos seus servizos, sen que a idade sexa un elemento relevante.
Se queres saber algo máis sobre esta experiencia, podes contactar connosco en galicia@cruzroja.es