Publicador de contidos

Máis alá do teléfono: chamadas que unen vidas
INCLUSION SOCIAL
Máis alá do teléfono: chamadas que unen vidas
28/06/2021
ESCRITO POR:
ENTREVISTA POR:
Cruz Roja
ESCRITO POR:
ENTREVISTA POR:
Cruz Roja
  • Durante a pandemia, Cruz Vermella mobilizou todos os recursos dispoñibles e canalizounos a través do Plan Cruz Vermella RESPONDE. O obxectivo? Axudar e chegar onde fixese falta. Desde a organización tamén se acompañou telefonicamente as persoas que, en pleno confinamento, apenas tiñan contacto co exterior. Moitas delas só se coñecían por teléfono, pero hai unhas semanas, algunhas puideron falar cara a cara. É a historia de Aurora e Sabine.

Aurora e Sabine por fin se coñecen en persoa. A primeira, beneficiaria de Cruz Vermella de 83 anos, recibiu as chamadas de Sabine durante toda a pandemia. A voluntaria procuraba desta forma saber como se atopaba e acompañala de forma telefónica baixo as accións do Plan Cruz Vermella RESPONDE. Agora que a situación sanitaria o permitiu, ambas puideron verse cara a cara na Asemblea Comarcal de Cruz Vermella no Baixo Miño (Pontevedra).

“Foi un encontro moi bonito”, confirma Sabine. Voluntaria de Cruz Vermella desde 2015, e vinculada desde entón a proxectos con persoas maiores, non dubida en sinalar o moito que se aprende delas. Tamén admite que durante as primeiras semanas as conversacións por teléfono eran máis breves, pero aos poucos foron facéndose máis longas e distendidas.
 

“Foi un encontro moi bonito”, afirma Sabine.
 

“Anotaba todo tipo de información: cantos netos e netas teñen, que lles gusta facer…”, conta Sabine. Grazas a iso, as chamadas non só se centraban en verificar o estado de saúde das persoas maiores, senón en falar de multitude de temas. “Tamén deixo que se queixen un pouco dos seus males, pero enseguida pasamos a outra cousa”, sinala, enérxica, Sabine. Hoxe en día, segue chamando a moitas destas persoas maiores, actividade que compaxina coas visitas presenciais. 

Aurora do Campo, socia de Cruz Vermella de 83 anos, tamén valora positivamente a experiencia. “Téñolle moi boa fe a Cruz Vermella”, declara. Conta, ademais, que estivo a traballar de auxiliar de enfermería na organización, algo que lembra con agarimo. De Cruz Vermella, ademais, recibe tamén exercicios de estimulación cognitiva. “Así a cabeza non se oxida”, afirma.

 

Aurora e Sabine coñecéronse  a través do teléfono 
 

Para Sabine, este tipo de accións de Cruz Vermella son esenciais para combater a soidade non desexada. “A ti non che custa nada (só tempo) e para eles e elas é un sopro de aire fresco”, explica. “Animo a xente que se aburre na súa vida, ou non sabe que facer, que o faga. Hai moitas cousas que se poden facer cunha simple chamadiña”, conclúe a voluntaria.



Botones Donaciones

Banner Home

LE O QUE CHE INTERESA
Subscrébete á nosa newsletter e descobre un millón de pequenas historias